Onte, agora, sempre... Contra a tortura policial!!!!

Descarga este vídeo para ver a realidade cos teus propios ollos!!!!
En Iruña, uns xoves trataban de mostrar a súa opinión de xeito pacífico contra o derrumbamento dun edificio histórico pamplonica... Os cánticos e as pancartas destes rapaces non supuñan ningunha ameaza contra ningún navarro ou navarra, e moito menos contra ningún membro do corpo de policía, o cal actuou bombardeándoos con gases lacrimóxenos e lanzando pelotas de goma (non vos imaxinades á velocidade á que sae despedida esa bola e ademáis o peso que ten)...
Máis tarde, unha moza e o seu pai dispoñíanse a voltar para o seu fogar, cando un cordón policial obrigounos a recúar... Unha pequena discusión acabou con feridos, tanto o pai e a filla, coma todos aqueles e aquelas que trataban de auxiliar ós feridos e de chamar a ambulancia...
Que ameaza supón para un policía, armado con pistola, porra, casco, escopetas de goma e gas lacrimóxeno, un cidadán que se dispón a voltar o seu fogar a descansar, a limpa-lo chan, frega-la louza ou desfrutar do mero placer de estar no teu lar? A ETB tratou de rexistrar tódalas imaxes posibles, pero o impedimento das "forzas de seguridade do estado" non permitiu que iso fora posible...
Este é un caso coñecido debido a que foi difundido polos medios de comunicación, pero... Cantos casos se dan no noso país ó ano? Cantas cargas policiais son "necesarias" segundo o goberno para evitar disturbios? A continuación propóñovos unha páxina na que poderedes atopar máis información cara este tema...
Clica aquí para acceder a klinamen... Contra a tortura policial
0 comentarios